CulturaCulturaÚltima hora

Novo intercambio Erasmus+ nas Médulas, promovido por Valdeorras Vive, con 36 mozos de 6 países

Centrábase na temática da diversidade cultural, a historia clásica e a cultura vitivinícola das comarcas de Valdeorras e O Bierzo

 

“Baco Festum: a journey to the roots”. Baixo este título vén de desenvolverse ao longo dunha semana un novo intercambio xuvenil internacional, promovido pola Asociación Valdeorras Vive. Desta volta  centrouse na temática da diversidade cultural, a historia clásica e a cultura vitivinícola das comarcas de Valdeorras e O Bierzo.

Neste encontro convivían mozos de culturas tan diversas como as de Hungría, Xeorxia, Estonia, Turquía ou Bosnia e Herzegovina. Incluía actividades ao aire libre, obradoiros de educación non formal e visitas culturais as Médulas, á cidade de Ponferrada ou o Pazo de Canedo.

A lingua de uso durante todo o intercambio, como é habitual no programa Erasmus+, foi o inglés. “Cabe destacar”, din dende a asociación promotora, “que este tipo de intercambios son de balde para os participantes (viaxe, aloxamento, manutención e actividades) grazas ao programa Erasmus+ a través do Instituto Español da Xuventude”.

 

 

Valdeorras Vive encadea con este varios intercambios internacionais “nun ano especialmente activo, con outro grupo de mozos do Barco participando simultaneamente nun intercambio xuvenil en Tallinn (Estonia), así como mobilidades de mozos e traballadores xuvenís en Portugal, Xeorxia e Letonia”, resaltan.

Máis información nas suas redes sociais @valdeorrasvive (Instagram e Facebook) e na web www.valdeorrasvive.org

Artigos relacionados

Back to top button