DeportesÚltima hora

Novo podio para Mailén Aller (Peña Trevinca Barco) na liga española de orientación

A deportista do club valdeorrés lograba o segundo posto na proba disputada en terras aragonesas

Mailén Aller durante a proba. /Foto: Ana Adela Cernicharo.

 

Cun milleiro de inscritos se celebraba esta fin de semana na localidade aragonesa de Cariñena, o II Trofeo Aragón de Orientación (10ª proba da liga española), proba relevante no calendario nacional que contou coa presenza da orientadora valdeorresa Mailén Aller Pfirter (Club Peña Trevinca Barco) que unha vez máis lograba subir ao podio.

Tal como explican dende o club, Mailén conseguía o sábado o segundo posto na distancia media, detrás da deportista madrileña Irene Monseco. Unha posición que repetía o domingo na distancia longa, pero desta volta detrás da participante guipuscoana Naroa Gisasola.

 

Mailén no segundo caixón do podio en terras aragonesas. /Foto: Ana Adela Cernicharo.

 

Con este resultado a orientadora valdeorresa subía ao terceiro posto da liga española na súa categoría, F12, acadando así os obxectivos planificados “grazas ao seu esforzo persoal e o apoio do seu club”.

A última proba de importancia no calendario nacional para a xove orientadora será o campionato de España (distancia longa) que se celebrará a comezos de novembro na localidade de Arcos de la Frontera (Cádiz). “Esperamos que todo saia ben e o título veña para Ourense”, conclúen dende a sección de orientación do Peña Trevinca Barco.

Artigos relacionados

Back to top button