OurenseÚltima hora

O 1 de marzo sairán á venda os abonos Avant con descontos do 50% para a alta velocidade á Gudiña e Sanabria

 

Renfe porá á venda o 1 de marzo os abonos Avant con descontos do 50% para cinco servizos ferroviarios de alta velocidade con parada en Puebla de Sanabria e A Gudiña Porta de Galicia. Os títulos rebaixados para viaxeiros habituais, financiados polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma), estarán dispoñibles ata o 31 de decembro de 2023, tal e como aprobou o Goberno “para facilitar solucións sostibles para a mobilidade obrigada cotiá. E é que a medida busca incentivar o uso do transporte público colectivo como resposta ao encarecemento dos prezos da enerxía polo conflito en Ucraína; acelerar o cambio a un transporte máis seguro e sostible e contribuír a reducir as emisións contaminantes”.

En concreto, a partir do mes que vén o operador ferroviario terá dispoñibles para a súa venda os títulos Avant bonificados para os traxectos entre:

A Gudiña Porta de Galicia–Poboa de Sanabria
Ourense–A Gudiña Porta de Galicia
Ourense–Puebla de Sanabria
Zamora–Puebla de Sanabria
Zamora–A Gudiña Porta de Galicia

A rebaixa aplicarase a todos os títulos multiviaxe Avant (Abono Tarxeta Plus, Tarxeta Plus 10 ou Tarxeta Plus 10-45), que se vendan ata o 31 de decembro de 2023, con condicións de uso específicas. Neste sentido, aínda que os diferentes tipos de abono dispoñen dun prazo distinto de utilización e validez, os títulos adquiridos o ano que vén non poderán ser utilizados con posterioridade ao 31 de xaneiro de 2024.

Os abonos para as conexións ferroviarias de alta velocidade con Puebla de Sanabria e A Gudiña de Porta de Galicia créanse tras a declaración do servizo como Obrigación de Servizo Público, que, doutra banda, asegura que os bonos Avant para viaxeiros recorrentes estarán dispoñibles para os viaxeiros máis aló de decembro deste ano, cando terminan as rebaixas, e en concreto ata o final do vixente contrato entre Renfe e a AGE 2018-2027.

Artigos relacionados

Back to top button