EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O 15 de marzo celébrase I Work Ribeira Sacra Chantada

Trátase dun encontro empresarial, promovido polo Concello de Chantada, como parte da actividade oficial da 41 edición da Feira do Viño desta localidade

A I edición do Work Ribeira Sacra é un encontro empresarial, promovido polo Concello de Chantada, como parte da actividade oficial da 41 edición da Feira do Viño de Chantada que se vén de celebrar entre o 8 e o 10 de marzo. A cita desenvolverase no Auditorio Municipal da vila, en horario de 10:00h a 13:30h, e aunará networking e gastronomía nunha xornada especialmente destinada a empresarios/as, directivos/as, autónomos/as e/ou emprendedores/as que quieran iniciarse nos seus proxectos vitais.

Nesta primeira edición intervirán:
• Rubén Pérez, director técnico en Ponte da Boga, Corporación Hijos de Rivera S.L., que falará “dunha historia de Ponte da Boga”.

• Alexandra Seara, xerente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, repasará a evolución do turismo na Ribeira Sacra ó longo da historia: “De Ryvoyra Sacrata a Ribeira Sacra, a creación dun destino”.

• Beatriz Pérez, cofundadora de Máis que Románico con María Abuín (www.maisqueromanicorutas.com) explicará ecomo podemos coñecer o patrimonio galego a través de Rutas turísticas deseñadas por elas. Fomentan un turismo personalizado e sostible.

• Manuel Gallego, responsable área Turismo Cultural en Xeitura; Xestión integral do Patrimonio S. Coop. Galega (www.xeitura.com). Repasarase o turismo no rural desde un punto de vista cooperativo e integrando a xestión patrimonial.

• Idoia Cuesta, creadora, formadora e investigadora, especializada en
cestaría, ofrece máis información dos seus proxectos na web www.idoiacuesta.com e explicará aos presentes como comunica a través da cestaría.

Os cinco relatores abordarán a experiencia do seu percorrido profesional e empresarial na súa vida laboral na Ribeira Sacra, ofrecendo perfís ben diferenciados segundo os diferentes sectores nos que traballan.

Os relatorios comezarán ás 10:00h. Ás 12:00h farase unha pausa-café, para ás 12:30 continuar cunha mesa redonda coa participación dos ponentes e ás 14:30 rematar con comida networking no restaurante pulpería Os Pendellos, “onde degustar un menú acompañado dos viños da zona e aproveitar para continuar cos contactos persoais, diálogo e intercambio de experiencias e seguir analizando posibilidades de negocio”, destaca Silvia Panadeiros, responsable do Work Ribeira Sacra.

Para participar desta iniciativa coa que o Concello de Chantada pechará a programación da Feira do Viño é necesario confirmar asistencia no teléfono 982 440 011 (Luz Pérez), antes do día 14 ás 14:00h para participar dos relatorios e/ou do xantar.

Artigos relacionados

Back to top button