ConcellosO BarcoÚltima hora

O acceso a Outarelo (O Barco) para asistir á Romaría de San Francisco Blanco será unicamente por Vilanova

Misa de San Francisco Blanco antes da pandemia. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Mañá, sábado 5 de febreiro, celebrarase en Outarelo a Romaría de San Francisco Blanco, con misas ás 10:30 e ás 11:30 horas, e procesión e misa maior ás 12:30 horas, ademais de animación musical e postos de rosquillas e comida na praza.

E con motivo desta celebración, dende a Policía Local do  Barco de Valdeorras lembran que o acceso a esa población realizarase unicamente por Vilanova. “Non se podrá desde O Castro, nin pola rúa Deputación”, aseguran.

Máis in formación sobre a romaría no seguinte enlace: https://osil.info/outarelo-o-barco-recupera-a-romaria-de-san-francisco-blanco/

 

Artigos relacionados

Back to top button