DeportesNataciónÚltima hora

O alcade do Barco mantén que a piscina climatizada reabrirá a finais de decembro

Así o aseguraba no pleno deste xoves ante unha pregunta formulada polo edil de Riada Cidadá

Exterior piscina climatizada do Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Antes de que remate este ano. É a data que segue mantendo o grupo de goberno barquense para a reapertura da piscina climatizada do Barco, que leva sen funcionar dende o ano 2018. Así o confirmaba o alcalde do Barco, Alfredo García, no pleno celebrado este xoves ao responder a unha pregunta do concelleiro de Riada Cidadá, Félix García Yáñez.

“Reabriras antes de que acabe o mes, estamos traballando e se vostede pasa por diante da piscina verá que alí hai movemento alí e que as luces están acesas case de continuo. Hai que corrixir algunhas cousiñas que non estaban afectadas pola obra e que supoñen un gasto mínimo, pero está todo controlado, a piscina está baleira, xa está limpa, estamos traballando, e eu espero que en 8-10 días teñamos xa unha noticia concreta”, sinalaba Alfredo García.

Artigos relacionados

Back to top button