ConcellosCulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O alumnado do CEIP Virxe do Camiño de Rubiá descobre o valor dos recursos forestais no Día internacional dos bosques

 

O CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá acollía esta mañá unha sesión de contacontos infantís centrada no novo conto dos tres porquiños Maruxa, Xaquín e Fuco, para conmemorar o Día internacional dos bosques. A sesión, na que participaban medio cento de escolares de educación infantil e primaria, estivo dirixida pola contacontos Cris de Caldas e o músico Xabi do Camiño. Baseada na nova historia dos tres porquiños, creada por Federación Empresarial de Serradoiros e Rematantes de Madeiras de Galicia (Fermaga), mostrou aos máis pequenos a importancia dos bosques e a madeira para frear o cambio climático e descarbonizar a economía mediante a xestión sostible dos recursos forestais.

A iniciativa mostra “a aposta de Fearmaga pola educación ambiental entre os máis pequenos e en especial no rural galego, onde se localiza o CEIP Virxe do Camiño de Rubiá, no corazón da comarca de Valdeorras”, aseguran dende a entidade.

A nova historia dos tres porquiños ‘Aventuras non bosque de Maruxa, Xaquín e Fuco’ serviu de fío condutor para explicar aos máis pequenos as mensaxes destacadas este ano pola Organización das Nacións Unidas con motivo do día forestal internacional: ‘Bosques e innovación. Novas solucións para un mundo mellor’. Desta forma, a sesión de contacontos transmitiulles os valores dos bosques para purificar o aire, frear o cambio climático e xerar alimentos, medicinas e materiais sostibles como a madeira coa que se constrúe a casa dos cerditos.

 

 

Encontro con empresas

Tras a sesión de contacontos infantís, o presidente de Fearmaga, Elier Follea, desprazouse ata Villamartin de Valdeorras, onde participou nun encontro cos responsables das empresas do sector de Ourense. Alí analizaron o contexto económico actual e a conxuntura internacional que afecta o sector, xunto a retos do sector como a subministración de madeira en Galicia e os novos proxectos da industria forestal que se van a instalar en Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button