CulturaCulturaÚltima hora

O alumnado do CPI Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo coñece a obra pictórica de Yosso, no Bolo

Divididos en dous grupos, os mozos visitaban o Museo Yosso e o Santuario das Ermitas

 

Na mañá deste venres 21 de abril o alumnado do CPI Tomas Terrón Mendaña visitaba o concello do Bolo. En total eran 44 os rapaces que participaban na actividade, divididos en dous grupos (primeiro os máis pequenos e despois o grupo de maiores), visitanto o Santuario das Ermitas e o Museo Yosso, tamén no Bolo.

 

No cruceiro das Ermitas./ Foto cedida.
Na exterior do Santuario das Ermitas./ Foto cedida.
Reinterpretando a pintura de Yosso./ Foto cedida.

 

Eran os primeiros en participar na Unidade Didáctica elaborada dende o equipo de Información Turística formado por Soledad Figueroa e Luis Carrón, para dar a coñecer ao artista de Valbuxán, Yosso xa que ademais das visitas, fixeron unha actividade práctica de pintura na que reinterpretaron algúns dos seus cadros. Esta actividade tiña lugar dentro do pavillón polideportivo do Bolo, ubicado moi preto do museo.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella excepto as tres primeiras da galería que son cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button