CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O alumnado do IES Lauro Olmo comparte as súas lecturas coa veciñanza do Barco

Neste 21 de maio desenvolvían a xornada lectora "Atención xente lendo!" polas rúas da vila

 

Cada primavera o IES Lauro Olmo do Barco acostuma organizar unha peculiar ruta de lectura polas rúas do Barco e lugares emblemáticos da contorna, na que participan tanto alumnos como profesores. Desta volta esta xornada lectora, denominada, “Atención xente lendo!” chegaba a súa novena edición na mañá deste 21 de maio a partir daas 9 horas. Participaba o alumnado da ESO e 1º de Bacharelato deste centro de ensino barquense.

Os estudantes realizaban unha xincana lectora con motivo das Letras Galegas, coordinados polo equipo do profesorado. O percorrido tiña a súa penúltima parada na praza do Concello do Barco, onde se recitaban versos de Luísa Villalta, autora homenaxeada o 17 de maio, e concluía na praia fluvial cunha romaría para o conxunto do alumnado arredor das 13h.

Artigos relacionados

Back to top button