En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Arzúa suma os tres puntos en Calabagueiros a costa do CD Barco

Co 1-3 remataba o partido da xornada 12ª en Terceira, disputado na tarde deste domingo 12 de decembro

 

Mal partido para o Barco, o disputado na tarde deste domingo 12 de decembro en Calabagueiros ante o Arzúa, que soubo aproveitar os erros do conxunto local para levarse os tres puntos en xogo.

 

Once titular do CD Barco.

 

Trala vitoria o pasado mércores ante o líder, o Somozas, os de Javi Rey saltaban ao terreo de xogo dispostos a manter a racha e seguir na cabeza da clasificación, pero as intención quedaba niso, sendo os visitantes os que se adiantaban no marcador xa no minuto 4 tras un erro da defensa local. Así e todo os barquenses buscaron o seu sitio nos primeiros vinte minutos de xogo ata conseguir un par de ocasións, pero outro desaxuste na defensa supuxo o segundo tanto visitante, que caeu coma un xarro de auga fría no minuto 24.

 

Once titular do Arzúa.

 

Co 2-0 chegaba o descanso e tralo paso polo vestiario, máis do mesmo. Os coruñeses volveron avisar, pero os vermellos non estaban dispostos a tirar a tolla tan pronto e Pazos recurtaba distancias no minuto 54. Porén, pouco duraba a alegría nas filas e bancadas locais, xa que apenas dous minutos despois o Arzúa marcaba o terceiro. Seguírono intentando os valdeorreses, con máis vontade que xogo ao que houbo que engadir a expulsión de Andrés por dobre cartón amarelo (tamén o delegado, Nando, vía o cartón vermello) co cal o empate e moito menos a remontada quedaban xa moi lonxe para os locais que aínda tiñan algunha outra ocasión que non chegaban a transformar, rematando o partido co 1-3 final.

 

 

Malia o resultado negativo desta tarde, o Barco consegue manterse no terceiro posto da clasificación a catro puntos do líder. O seguinte encontro será o derbi no campo do Atlético Arnoia.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button