OurenseÚltima hora

O Ateneo de Ourense lembra a Isaac Díaz Pardo no centenario do seu nacemento

Foi o autor do prato de Cerámica de Sargadelos, co logotipo de Xaime Quesada Porto

O prato de cerámica. / Foto: cedida.

 

O Ateneo de Ourense lembra a figura de Isaac Díaz Pardo no centenario do seu nacemento. Díaz Pardo mantivo unha estreita relación co Ateneo de Ourense e foi o autor do deseño do prado en Cerámica de Sargadelos, empregando o logotipo que fixera previamente o artista ourensán Xaime Quesada Porto.

Nacido en 1920, en Santiado de Compostela, Isaac Díaz Pardo foi un intelectual, artista e empresario de ideoloxía galeguista que buscou durante a súa traxectoria fortalecer a memoria de Galicia mediante diversas accións culturais. Traballou como deseñador industrial, escritor, editor, promotor e mecenas de proxectos. No ano 2009 recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes de España.

Artigos relacionados

Back to top button