En portadaOurenseÚltima hora

O atracador das Lagoas intentou disparar a un axente local fóra de servizo que pasaba fronte ao Mercadona

Segundo un comunicado emitido pola Policía Local, o axente Carlos Pérez deambulaba por diante do Mercadona cando “observa como varias persoas saían do establecemento despavoridas”. Ao interesarse polo problema, o axente local foi informado de que no interior do Mercadona hai un home realizando disparos. Tras coñecer a situación, o axente dirixiuse á entrada do mesmo, observando, a través do cristal da porta corredeira de acceso como cara a el diríxese o atracador cunha pistola de cartuchos. Dada esta situación, o Carlos Pérez, sacou a súa pistola particular e se identificou como policía. O axente local ordenoulle que soltase a arma ao que o atracador fixo caso omiso.

Neste momento, Stefano G.U dá media volta e efectúa un primeiro disparo cara a un cartel e logo volve xirarse e efectuou un segundo disparo cara á xente, impactando contra o cristal da porta corredeira. Afortunadamente a metralla non puido traspasar o vidro xa que estaba blindado. O axente permaneceu na parte exterior do local agardando a chegada dos efectivos policiais e custodiando a porta coa súa arma para evitar a fuxida do autor dos disparos.

Poucos minutos despois presentáronse no lugar varias dotacións da Policía Nacional e o axente procedeu a identificarse ante os seus compañeiros. Tras iso, Carlos Pérez entrou no local acompañado dun membro da Policía Nacional e, entre ambos os dous, proceden a deter a Stefano, que deixou a escopeta no chan e “non supuxo resistencia algunha”, contaron fontes da Policía Local.

Máis información sobre o atraco das Lagoas premendo AQUÍ

 

Así quedou o supermercado tras o atraco.
Arma coa que o atracador disparou ao Policía Local.

Artigos relacionados

Back to top button