ConcellosO BarcoÚltima hora

O Bar El Muro del Malecón reabre as súas portas no Barco estreando instalacións

 

Cun local de estrea, logo da reforma das súas instalacións que se melloran e amplían, o Bar El Muro del Malecón do Barco vén de reencontrarse co público. Este establecemento de hostalaría, situado no Paseo do Malecón, reabría as súas portas esta tarde cunha celebración que incluía a música do Dj Dani Argüello e ao cortador de xamón Luis M. Rodríguez, que aledaba os padais dos asistentes.

 

 

As persoas que visiten este local poderán seguir desfrutando das súas hamburguesas e do seu sushi (cunha oferta que se amplía), así como de pinchos morunos, sartén de ovos rotos con xamón ou de zorza con ovo. “Imos ir cambiando cada semana con novas propostas”, explican dende esta establecemento.

 

 

O local (que amplía a súa capacidade inicial ao incorporar un espazo novo, conectado pola parte de atrás co inicial) manterá o seu horario anterior, pechando ao mediodía, e pola tarde aposta por ser un lugar de tapeo para ir coa familia ou cos amigos e poder desfrutar destas propostas culinarias. Tamén medra a súa terraza, que pasa de 6 mesas a 14. “Cada vez máis estamos vendo que a xente o que quere, máis cear no restaurante, é tomarse unha tapa ou unha táboa de xamón cos amigos e ir de viños”, explican dende o Bar El Muro del Malecón.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button