ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco abre o prazo de axudas para libros e material escolar do vindeiro curso para alumnado de 2º ciclo de educación infantil

 

O Concello do Barco abría o 6 de xuño o prazo para solicitar bolsas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinados a alumnado do segundo ciclo de educación infantil, curso 2024/2025. ” A presente convocatoria ten por obxecto a concesión de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario destinadas ao alumnado empadroado e escolarizado nalgún dos cursos de segundo ciclo de educación infantil (3, 4, 5 anos) nos centros de ensino do Concello para o curso 2024/2025″, segundo o anuncio publicado polo Concello no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

O crédito destinado ao financiamento destas axudas ascende a 6.000 euros, con cargo á apli- cación orzamentaria 2024-231/48900, do vixente Orzamento do Concello do Barco de Valdeorras. Poden solicitar as axudas para libros de texto e material escolar os pais, as mais, os titores legais ou as persoas encargadas temporal ou definitivamente da garda das persoas beneficiarias. O prazo para solicitalas rematará o 1 de xullo (ao ser inhábil o 30 de xuño).

As bases das axudas son as seguintes

Back to top button