
O Concello do Barco vén de presentar o seu programa de actividades de cara ao “25 de Novembro, Día Internacional da Violencia contra a muller” que inclúe propostas culturais e tamén actividades revindicativas. Os actos son os seguintes:
Ciclo de Cine no mes de novembro.
Xoves 13 ás 17 hrs e 20 hrs película, “Leer Lolita en Teherán”
Mercores 19 ás 17 hrs e 20 hrs película, “Acosada”
Luns 24 ás 17 hrs e 20 hrs película, a “La primera escuela”.
Mercores 26, ás 17,00 hrs.e 22 hrs Proxección da película ” Respirando Bajo el Agua”
En colaboración con Cine Club Groucho Marx.

Martes, 25 de novembro, 12,00 horas.
Praza do Concello: concentración de repulsa en contra da violencia de xénero.
Lectura de manifestos a cargo de alumnos dos IES Martaguisela e Lauro Olmo, e o Colexio Divina Pastora.
Actuación musical de Nerea Jiménez, alumna do Conservatorio de Música do Barco.
Lectura do manifesto institucional do Concello.
Tamén se procederá á iluminación simbólica dos edificios administrativos, en memoria das mulleres asasinadas. Colocaranse farolillos na entrada do edificio Multiusos e iluminarase de morado a fachada da Casa Consistorial.
Dende o Concello do Barco búscase “implicar ao tecido económico, laboral e sindical, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural, e por suposto a toda a cidadanía, nunha resposta colectiva de rexeitamento permanente á violencia de xénero e dos asasinatos machistas”, tal e como din dende esta administración local.
Por este motivo, un ano máis dende o “Concello convidase á cidadanía en xeral a participar nas actividades programadas, e aos comercios e negocios do Barco a vestirse de negro, ademais de poñer carteis de repulsa nos seus escaparates, na semana do 24 ao 29 de novembro. A Concellería de Servizos Sociais procedeu á renovación do convenio para o desenvolvemento dos puntos violetas nos establecementos comerciais, en colaboración con Concelleria de Turismo, Comercio e Promoción Económica”.
Tamén se renovou o pacto do colaboración coa empresa Telpark, que xestiona o servizo da ORA no casco urbano, con puntos violeta en cada parquímetro, (adhesivos con código QR), e lucimento de brazalete dos seus operarios, alusivo á campaña ” Aparca A Violencia “.
Ademais o Concello do Barco asegura que “a violencia contra as mulleres e as nenas é unha dás violacións máis xeneralizadas dúas dereitos humanos non mundo. Prodúcense moitos casos cada día en todos os recunchos do planeta. Este tipo de violencia ten graves consecuencias físicas, económicas e psicolóxicas sobre as mulleres e as nenas, tanto a curto como a longo prazo, ao impedirlles participar plenamente e en pé de igualdade na sociedade. A magnitude deste impacto, tanto na vida dás persoas e familias como dá sociedade non seu conxunto, é inmensa. Como se expresa a ONU, a violencia contra as mulleres e as nenas, arraigada nunhas relacións de poder desiguais entre mulleres e homes, persiste como unha crise silenciosa e endémica”.