ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco dá a coñecer a súa programación polo Día Internacional da Muller

O Concello do Barco vén de facer públicas as actividades programadas pola Concellería de Servizos Sociais para conmemorar o Día internacional da Muller. O seu programa é o seguinte:

Do 7 ao 27 de marzo:

*Ciclo de cine “MULLERES NO CINE”: Coa colaboración do Cine clube Groucho Marx.

No horario habitual, a excepción das proxecións para os institutos, que terán lugar en horario de mañá.

7 de marzo: “Viaje hacia el Desierto”, de Margarethe Von Trotta.

14 de marzo: “Las cuatro Hijas”, de Kaouther Ben Hania.

21 de marzo: “Sala de profesores” de Ilker Çatak.

27 de marzo: “Mientras seas tu”, de Claudia Pinto Emperador.

Venres 8 de marzo:

12,00 horas: Concentración na Praza do Concello con motivo do día da Muller .

Lectura de manifestos: por parte do alumnado dos institutos de secundaria do Barco: Martaguisela, Lauro Olmo e Divina Pastora

Actuación musical: Colaboración do Conservatorio de Música do Concello do Barco.

Micrófonos abertos a tódalas asociacións de mulleres

Declaración institucional do Concello.

21,00 horas:

Representación teatral, coa colaboración da Concellería de Cultura.

Teatro Lauro Olmo. “Ingobernable” da Compañía Uxía Morán Gonzalez

O Concello Vello será iluminado en cor morada.

“Como todos os anos, o Concello remitiu invitacións por escrito aos centros de ensino secundario do Barco para que se sumen á celebración, á que tamén está invitada toda a veciñanza da localidade”, indican dende o goberno municipal.

 

Artigos relacionados

Back to top button