Veciño do barrio de San Roque (O Barco), José María Gómez Barjas “Pepe” era unha persoa moi coñecida pola súa profesión, xa que ademais de levar a xoieiría da familia (na que tamén estaba a súa irmá María Sara), estivo durante moitos anos á fronte dun bazar situado á beira da antiga Praza de Abastos na vila.
Ademais, despois da súa xubilación, era moi habitual velo paseando pola zona vella do Barco, pero tamén polo Paseo do Malecón e mesmo na praza do Concello, parándose de cando en cando para conversar con veciños e coñecidos. Era unha persoa moi vitalista e positiva.
Outra das súas afeccións era a da artesanía, construíndo, por exemplo, altares na honra de figuras como o Nazareno, que mesmo nalgunhas ocasións sacaba ao exterior da súa casa ao paso da procesión do Corpus Christi.
José María Gómez falecía o pasado 10 de setembro aos 81 anos de idade. A sua familia, amigos e veciños dábanlle o seu último adeus este xoves 12 de setembro nun funeral que se celebraba ás 12h. na igrexa parroquial de San Mauro.
Foto cedida.