ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco investirá case 50.000 euros nun vehículo con plataforma elevadora

Destinarase ao mantemento do sistema de iluminación pública neste municipio

Exterior da Casa Consistorial do Barco./ Foto: A.R.

 

O Concello do Barco investirá preto de 50.000 euros na adquisición dun vehículo con plataforma elevadora para o mantemento do sistema de a iluminación pública neste municipio. Parte do investimento financiarase con unha subvención de 29.000 euros solicitada á Xunta de Galicia. “Onte reuniuse a mesa de contratación, que adxudicou a adquisición á empresa Bilbotruck S.L. B, única que presentou oferta para este concurso”, segundo informa o Concello.

As características do vehículo decidíronse tendo en conta as condicións do sistema de iluminación pública do municipio. No casco urbano do Barco hai báculos de ata 12 metros de altura en algúns casos, o que obriga a dispor dun vehículo con unha plataforma elevadora con cesta que acade polo menos esa altura.

Ademais, no municipio hai núcleos rurais de difícil acceso para vehículos convencionais ou de gran tamaño. Por iso, considerouse adecuado adquirir un vehículo de segunda man, todo terreo 4×4 “Pick Up”, dotado de plataforma elevadora con cesta, para a realización de actuacións de mantemento do sistema de iluminación pública.

“Para a adxudicación establecéronse uns criterios entre os que se atopa a data de matriculación do vehículo, o seu quilometraxe e os prazos de garantía ofertados. O adxudicatario disporá de un mes como máximo para a entrega do vehículo, un ha vez firmado o contrato, aínda que terá que estar a disposición do Concello como moito antes do 31 de outubro deste ano”, citando ao Concello.

 

Artigos relacionados

Back to top button