ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco presenta o programa cultural para o Cristo 2021

 

A concelleira de Cultura e Educación, Margarida Pizcueta, presentou hoxe á Comisión Informativa o contido do programa cultural elaborado polo grupo de goberno para O Cristo 2021. Ao igual que no ano anterior, “decidiuse descartar a festa na súa forma tradicional, por mor da situación sanitaria existente”.

Tamén se matiza que sí que se recuperou o pregón (a cargo do médico Eduardo Gómez), e entre os días 10 e 14 de setembro a veciñanza e os visitantes terán “un amplo programa cultural no que haberá Calantornias, teatro, títeres, feira de produtos tradicionais e moita música para todos os públicos e gustos”. Todas as actividades se desenvolverán con público sentado en cadeiras, con aforos controlados e co estrito cumprimento de todas as medidas sanitarias vixentes.

Unha carpa de grandes dimensións, aberta polos laterais e que se situará no Campo da Festa, será o lugar onde se celebrarán a meirande parte das actuacións musicais, coa praia fluvial como escenario de algunhas outras, como a feira ou actividades para nenos. En caso de choiva, o Teatro Lauro Olmo ou a carpa serán os escenarios alternativos.

 

Artigos relacionados

Back to top button