ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco recibe as obras da II fase do proxecto de rehabilitación do entorno do BIC do Castro

 

Esta mañá recibíronse as obras da segunda fase do Proxecto de rehabilitación do entorno do BIC do Castro, realizadas durante os últimos meses pola empresa “Actividades, Construcciones y Voladuras”. O importe da adxudicación foi de 232.320 euros, e as obras consistiron na rehabilitación dos espazos públicos existentes na contorna da torre medieval do Castro, coa idea de darlle continuidade visual ás obras xa realizadas con anterioridade, instalando adoquines para o chan nas zonas comúns.

A actuación realizouse intramuros da primitiva muralla medieval da fortaleza e no seu parámetro visible, e xunto á pavimentación da rúas da contorna da torre, quedaron resoltos as diferentes redes de instalación de servizos, así como a evacuación das augas pluviais. Asimesmo, mellorouse a accesibilidade dos espazos públicos. O proxecto completouse coa colocación de nova iluminación,
xardinería e instalación de mobiliario urbano, acorde coa arquitectura da contorna.

 

 

“A mesma empresa comezou onte os traballos da obra de consolidación de ruína na contorna do BIC do Castro, cun orzamento de adxudicación de 74.716,52 euros. Neste caso, o proxecto prevé a restitución dos muros de contención orixinais sobre os que se asentaba a edificación, favorecendo a seguridade e a conservación da vivenda anexa e das vivendas próximas situadas na zona superior
da pendente, e restituíndo á posición orixinal das rasantes para a súa futura rehabilitación”, segundo o Concello.

A solución adoptada, sinala o Concello do Barco, “adecuará o solar para favorecer unha futura actuación no mesmo, que restitúa a vivenda afectada polo derrube, conservando as súas trazas de volume e composición. Ademais, se levarán a cabo os labores de impermeabilización da medianeira da
vivenda lindeira, así como a colocación dun conduto de drenaxepola cara exterior do muro de contención, para canalizar as augas árede de sumidoiros”.

Artigos relacionados

Back to top button