En portadaÚltima hora

O Barco sitúase en 150 casos activos de Covid, 11 máis que onte

Publicidade
Paseo do Malecón, no Barco./ Foto: A.R.

 

Continúan en ascenso as cifras de casos activos de Covid no Barco de Valdeorras. Segundo os últimos datos feitos públicos polo Sergas neste sábado 17 de xullo (actualizados ás 18h. de onte), son 150 os positivos de coronavirus rexistrados neste municipio, o que supón 11 máis que onte.

A incidencia acumulada no municipio sitúase nos últimos 7 días en >250, mentres que nos útimos 14 días sitúase entre >500, segundo a Consellería de Sanidade.

Nesta xornada tampouco se rexistran ingresos por coronavirus no Hospital Público de Valdeorras, pero no de Ourense volven medrar as persoas hospitalizadas, un total de 23 (5 máis que onte), 4 delas están na UCI. No Hospital de Verín tampouco se rexistran ingresos por Covid.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button