Leve suba na curva de casos de coronavirus no Barco. Este concello rexistra un total 64 casos activos de Covid, 1 máis que onte, segundo os últimos datos comunicados polo Sergas ao Concello neste martes 3 de febreiro.
En canto ao número de novos casos de Covid-19 diagnosticados no Barco nos últimos 14 días, éstes soben a 65, 3 máis que os que figuraban onte. A incidencia acumulada para o concello está en >250, segundo a Consellería de Sanidade.