DeportesÚltima hora

Paula Cela, Mateo Valcarce e Xoana Méndez, na sesión técnica de marcha atlética de Nadal da FGA

Estes atletas do Club Adas Cupa do Barco eran tres dos 19 convidados para participar nesta actividade

 

Nesta semana, en concreto o 4 de xaneiro, desenvolvíase nas pistas da Universidade de Santiago de Compostela unha sesion técnica de marcha atlética de Nadal con asistencia dunha vintena marchadoras e marchadores convidados. Entre eles figuraban tres do Club Adas Cupa do Barco, Mateo Valcarce Fernánez e Paula Cela Núñez (ambos Sub16) e de Xoana Méndez González (Sub18).

A xornada, que comezaba ás 11h., incluía unha sesión práctica de traballo, técnica e rodaxe, logo viña o xantar e, deseguido, unha charla técnica (de normativa e análise da técnica) e unha nova sesión práctica con series longas.

Fotos: FGA.

 

Artigos relacionados

Back to top button