ConcellosO BarcoÚltima hora

Sorteo dos membros das mesas electorais do Barco para o 18F

 

No pleno extraordinario que o Concello do Barco celebraba este mediodía tamén se procedía ao sorteo dos membros das mesas electorais das vindeiras eleccións galegas do 18 de febreiro. En total O Barco terá 18 mesas electorais nestes comicios (as mesmas que nos anteriores), situadas no Teatro Lauro Olmo, no edificio de usos múltiples, na gardería municipal, na escola de Éntoma, na escola de Vilanova, na escola de Veigamuíños, no CEIP Julio Gurriarán, na Casa do Río Cigüeño, na Biblioteca municipal, no IES Martaguisela, no Concello do Barco e no CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira.

 

 

No sorteo saían os nomes dos tres membros da mesa (presidente, primeiro vogal e segundo vogal), máis os dos suplentes para cada un deses postos, por se fose necesario, poder substituír a esas persoas.

Artigos relacionados

Back to top button