DeportesPiraguismoÚltima hora

O barquense Adrián Prada, subcampión de España de maratón curto en K-1 Sub23

Adrián Prada, no poido xunto a Joaquín Iglesias, vencedor, e Alejandro Moreno, terceiro./ Foto : Fegapi.

 

Nesta fin de semana o barquense Adrián Prada Pérez (do Club Piragüismo Verducido-Pontillón) vén de facerse cun novo título a nivel nacional na categoría K-1 Sub23. Competía o 28 de agosto en Verducido (Pontevedra) no Campionato de España de maratón curto, que era á vez campionato galego desta modalidade. Realizaba os 3.800 metros da regata nun tempo de 15:36.83.

Ademais este padeixeiro valdeorrés, que é adestrado por Jabucho, colleitaba tamén o título de subcampión autonómico, ao impoñerse na proba o tamén galego Joaquín Iglesias, que é ademais compañeiro seu de club e amigo.

Na terceira posición a nivel nacional correspondíalle a Alejandro Moreno, do Club Escola Piragüismo Aranjuez.

 

O barquense Adrián Prada, primeiro pola esquerda./ Foto: Fegapi.

 

Artigos relacionados

Back to top button