DeportesÚltima hora

O barquense Carlos Revuelta, coa selección galega absoluta de atletismo en Hospitalet

Esta lanzador de martelo representará a Galicia no campionato de España absoluto de federacións autonómicas

O martelista valdeorrés Carlos Revuelta./ Foto cedida.

 

Hospitalet será escenario mañá sábado 10 de xullo do Campionato de España de federacións autonómicas de atletismo. Entre os 20 integrantes da selección galega neste campionato estará o atleta barquense Carlos Revuelta Parra. “O obxectivo da selección pasa por mellorar o sétimo lugar logrado o ano pasado en Ciudad Real, na que se competiría nunhas datas e unhas condicións moi extraordinarias”, tal e como adianta a Federación Galega de Atletismo.

O lanzador de martelo acode a esta cita coa cuarta mellor marca entre os 18 participantes. Esta será seguraente a súa última competición como atleta nesta tempada, xa que o martes viaxará a Estonia como responsable dos lanzadores españois no Campionato de Europa sub 20, o que impedirá que tanto el como a súa lanzadora Irene Gómez poidan loitar polo ouro no galego absoluto que se disputará en Vigo, a seguinte fin de semana.

Artigos relacionados

Back to top button