
Cunha prata no Campionato de España máster ao aire libre, disputado nesta fin de semana, regresa de Málaga o marchador José Fernández Nieves, que viste a camiseta do Real Club Celta de Vigo.
O atleta barquense competía na proba de 5 km M40, na que quedaba segundo cunha marca de 22:37.66, sendo só superado polo tamén galego Juan Manuel Morales Del Castillo, do Marineda Atlético, cun rexistro de 22:01.66.
Esta era para o valdeorrés a última competición da tempada, tal e como comentaba antes da carreira ao Periódico O SIL.