Valdeorras estrea o 2022 cun novo Xuíz Nacional Nivel II de atletismo. O barquense Juan Manuel Serrano Garrido vén de superar o exame que lle permite acceder a este grao, tal e como facía público a Federación Galega de Atletismo o pasado 31 de decembro.
Malia que é xuíz da Delegación Valdeorresa, Juan Manuel Serrano nestes momentos está exercendo o seu labor en Andalucía.