DeportesÚltima hora

O barquense Nando Lopes imponse na modalidade e-bike no “Tres Lunas Race”, en Quereño (Rubiá)

Este evento ciclista celebrábase o 7 de outubro con participantes de diferentes puntos de España e mesmo de Francia

 

Quereño (Rubiá) acollía nesta fin de semana, en concreto o sábado 7 de outubro, unha nova edición do evento ciclista Tres Lunas Race. “Tres modalidades (Competitiva, Experience e e-bike) foron as elixidas para tinguir de cor unha zona catastrófica arrasada polos terribles incendios de Valdeorras en 2022. Os corredores chegados desde Madrid, Barcelona e mesmo Francia destacaron sobre todo a espectacularidade da contorna e o trato recibido”, tal e como destacan dende a organización.

Na modalidade MTB competitiva o ponferradino Luis Valle e a zamorana Patricia Sánchez fixéronse coa vitoria. O barquense Nando Lopes, levou o trofeo na modalidade e-bike. Desde a organización, prometeron volver máis fortes co seu lema “We are back Stronger” e a pesar de ter que reinventarse (cun cambio de formato e novos percorridos), esta edición que “foi a máis difícil de sacar adiante pero sen dúbida a máis especial por moitas razóns xa que posiciona a Quereño e a Tres Lunas Race como un destino permanente de MTB, xerando ademais un novo atractivo nos seus montes e un novo motor de desenvolvemento tanto para eles como para os seus veciños de Puente de Domingo Flórez, dous pobos curiosamente “separados” pola liña (Galicia – León) que o río Sil forma entre eles pero que unha vez máis demostraron que a vontade, a boa convivencia e as ganas están por encima de todo tipo de fronteiras”.

 

 

Finalmente, a organización do Tres Lunas Race adianta que a idea de cara ao vindeiro ano é  “manter o formato, pero agora máis que nunca necesitamos esa Colaboración que as institucións diante dos medios en plena catástrofe (incendios de 2022) ofrecéronnos a todos os afectados que quedamos sen “o noso” monte” e plantexa que “agora depende dos de “arriba” facer disto un destino referente a través dun exemplo único de recuperación e sustentabilidade”.

Fotos: Tres Lunas Race.

Artigos relacionados

Back to top button