DeportesPiraguismoÚltima hora

O barquense Raúl Prada, campión galego cadete en K4 pista

Ademais este padexeiro do Club Piragüismo Verducido-Pontillón conseguía disputar outras dúas finais A: a de K2 mixto e a de K2

Raúl Prada, xunto aos seus compañeiros do Piragüismo Verducido Pontillón, liderando o podio do galego cadete de pista en K2./ Foto cedida.

 

Destacada actuación do padexeiro barquense Raúl Prada Pérez, que compite co Club Piragüismo Verducido-Pontillón, no Campionato galego de pista en categoría cadete que se celebraba neste 4 de xullo en Verducido (Pontevedra).

Este piragüista, que é adestrado por Jabucho, tomaba a saída en tres categorías diferentes e nas tres conseguía pasar ás finais A, é dicir, a aquelas nas que se clasifican os nove mellores das cronos. Ademais nunha delas, na de K4 cadete na distancia de 1.000 m, o seu barco (do que tamén formaban parte Anxo Estévez, David Pazos e Miguel Anxo Franco) ganaba a proba. Completaba o circuíto cun rexistro de 00:03:40,22.

Xa en K2 cadete mixto, xunto a Marta Carles, o valdeorrés quedaba noveno, tras completar a distancia de 500 m en 00:02:13,71. Finalmente, en K2 cadete 1.000 m Raúl Prada lograba un quinto posto (xunto a Miguel Anxo Franco), cun crono de 00:04:00,89. Nesta proba houbo momentos no que o seu barco tiña asegurada medalla, pero finalmente quedaron quintos e cuns tempos moi próximos aos do terceiro e cuarto clasificados.

Artigos relacionados

Back to top button