PolíticaÚltima hora

O BNG asegura que os orzamentos do Estado “esquecen a Valdeorras” e presentará varias enmendas

Así o vén de anunciar a deputada ruesa no Parlamento galego, María Albert, que incide en que as comunicacións "seguen a ser a gran materia pendente" nesta comarca

A deputada valdeorresa no Parlamento galego, María Albert, durante un acto./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Para a deputada valdeorresa do BNG no Parlamento galego, María G. Albert, os orzamentos xerais do Estado “non cobren as demandas básicas” que ten a comarca de Valdeorras de cara ao futuro e son, polo tanto “a todas luces insuficientes”.

Albert asegura que as comunicacións seguen a ser “a gran materia pendente do Estado” co chamado oriente ourensán xa que os sucesivos gobernos de PP e PSOE (e agora PSOE-Podemos) teñen lastrado, ano tras ano, o,desenvolvemento de Valdeorras empeorando progresivamente a súa rede,de comunicacións; unha situación que este proxecto de orzamentos “non soluciona, máis ben ao contrario agrava”.

Neste sentido a parlamentaria nacionalista anunciou unha batería de emendas a estes orzamentos que se centran principalmente na mellora da rede de infraestruturas por estrada (N-120 e A-76) e na aposta polas infraestruturas ferroviarias como medio de transporte central de cara, principalmente, ás conexións coa cidade de Ourense.

No relacionado coa A-76 o BNG subliña o “escandaloso abandono” do proxecto nos Orzamentos Xerais do Estado 2021 e recalcan que “case poderíamos falar da súa desaparición absoluta dos orzamentos”. Entenden desde o BNG que as obras na circunvalación do Barco non poden servir de escusa ao goberno central para deixar de lado unha autoestrada que debería vehicular as comunicacións por estrada da comarca e unila ás grandes redes de comunicación da península.

En canto á N-120, a deputada ruesa asegura que esta estrada presenta un estado “lamentábel que o pequeno lavado de cara preelectoral do ano pasado nonserviu para agochar”. Reclama tamén  a volta aos orzamentos do acceso da N-120 ao Concello da Rúa “que o PP incorporou, ano tras ano, sen chegar a executar e que agora o PSOE elimina definitivamente”. As emendas nacionalistas teñen tamén en conta a calidade das augas do río afectadas e as instalacións da UNED en Valdeorras, entre outras cuestións.

Artigos relacionados

Back to top button