Eleccións municipais 2023PolíticaÚltima hora

O BNG de Verín presenta a lista, liderada por Diego Lourenzo, coa que se presenta ás eleccións

Foto: www.borysmartinez.es

O Bloque Nacionalista Galego de Verín presenta a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais convencidos de que é a mellor opción para liderar o próximo goberno municipal. A forza desta candidatura reside na pluralidade e calidade das persoas que a compoñen, persoas que representan a todo o tecido social da nosa vila e que se achegan ao BNG para sumar forzas neste proxecto. Unha candidatura integrada por 27 persoas (17 + 10 suplentes) o máximo que permite a lei. “Sentimos moito orgullo desta candidatura, porque unha vez máis contamos con moitos novos apoios que se suman ao BNG convencidos de que é a mellor alternativa. O agarimo e as boas sensacións que nos traslada a xente materialízanse nesta ampla lista” destacou Diego Lourenzo, tenente de alcalde e candidato á alcaldía.

Dende o esta formación din que é “unha candidatura interxeracional que combina a experiencia de dous mandatos coa incorporación da mocidade comprometida que encarna o futuro, e que como tal debe estar representada na política municipal”. Do mesmo xeito, os nacionalistas resaltan “a calidade humana que supón a entrada de persoas independentes nesta lista, como xa vén sendo habitual nas candidaturas do BNG”. Así o candidato á alcaldía Diego Lourenzo asegura que “apostamos por persoas independentes pois suman unha visión aberta e plural da sociedade verinesa. Verín é diverso e polo tanto a candidatura que represente á vila tamén debe selo”.

Dende o BNG de Verín sinalan que a súa xestión realizada a nivel municipal “impulsou a dinamización cultural de Verín, apostou pola formación e a educación como eixo vertebrador para o futuro e puxo en valor o traballo asociativo dos colectivos sociais. Crendo firmemente que os servizos públicos deben ser da veciñanza, levouse a cabo a recuperación de varios servizos públicos que foran privatizados no pasado”.

Este cambio, continúan os nacionalistas, “é patente e percibido por toda a veciñanza, sen embargo o proxecto liderado por Diego Lourenzo Moura está lonxe de rematar”. Engade o candidato que “queda moito por facer, o noso obxectivo e continuar avanzando no cambio e transformación que iniciou Verín e para iso precisamos contar novamente co apoio que nos deu a cidadanía ata agora. Estou convencido de que temos o mellor equipo para materializar este obxectivo”.

 

CANDIDATURA DO BNG EN VERÍN

1. Diego Lourenzo Moura
2. Eugenio Quintas Albores
3. Samanta Barreira Vivián
4. Puri Caldelas Rodríguez
5. Abelardo Meiriño Vieites
6. Rosana Méndez Cortizo
7. Beatriz García Rodríguez
8. Nacho Sola Veiga
9. Lucía Díaz Nicolino
10. Marcos Rosas Gallardo
11. Merce Padrón Freiría
12. Alfonso Cid Medeiros
13. Vanesa Fernández Rodríguez
14. Carlos Alonso Dieguez
15. Andrea Pérez Fernández
16. Adela Gallego Rodríguez
17. Alberte Blanco Casal

S.1. Pepa González González
S.2. Daniel Veiga Martínez
S.3. Lola Pérez González
S.4. Melania Vilela Vilela
S.5. Carlos Crespo Toral
S.6. Mariluz Méndez Rivero
S.7. Suso Lantes Vitureira
S.8. José Antonio Álvarez Alonso
S.9. Rosa María González Estevez
S.10. Carlos Dos Santos Blanco

Artigos relacionados

Back to top button