PolíticaÚltima hora

O BNG do Barco fai un arranque simbólico de eucaliptos na Finca da Cruz

Con este xesto a candidatura nacionalista prentedía amosar o “desleixo do actual goberno municipal polo medio ambiente” e fronte a iso defende “a reforestación con árbores autóctonas” e a posta en valor dos espazos verdes do concello
Membros da candidatura do BNG no Barco, no arranque simbólico de eucaliptos no Parque da Cruz.

O Parque Arqueolóxico da Finca da Cruz era o lugar escollido polo BNG do Barco para facer un arranque simbólico de eucaliptos na mañá do 16 de maio. Tras este xesto, varios membros da candidatura nacionalista, entre eles o seu cabeza de lista, Suso Vilasánchez, explicaban que desta maneira pretendían amosar o “desleixo do actual goberno municipal polo medio ambiente, non teñen unha visión dunha política forestal acaída, non cren no aproveitamento forestal do monte que ben aproveitado e coidado fixa poboación no rural”.

Ademais presentaban as principais medidas do seu programa en material medioambiental, entre elas a creación dunha planta de compostaxe e reciclaxe con xestión municipal. “Xa hai experiencias deste tipo en concellos como Allariz e iso suporía o aforro de milleiros de euros, que o Concello paga agora a Sogama mensualmente”, dicían.

O BNG do Barco tamén avoga pola “resforestación con especies autóctonas” dos montes e polo “apoio incondicional a aquelas persoas que fagan emprendemento no monte, xa que as posibilibidades deste recurso son moitas”. E, ao mesmo tempo, defenden a posta en valor de espazos verdes do concello como a propia Finca da Cruz ou O Salgueiral, “que están abonadonados e nos que poderían organizarse festivais, unha foliada, unha romaría… como sucede noutros concellos”.

Artigos relacionados

Back to top button