PolíticaÚltima hora

O BNG levará ao pleno de Viana unha moción para pedir que se homenaxee a Anunciación Casado

Imaxe dunha homenaxe a Anunciación Casado en agosto de 2023./ Cedida.

 

O BNG de Viana do Bolo levará ao pleno da Corporación municipal unha moción, asinada polo seu voceiro local, Secundino Fernández. para pedir que se lle renda homenaxe a Anunciación Casada, coñecida como a “Pasionaria de Viana”, asasinada no lugar das Revendeitas, na estrada de Viana do Bolo á Gudiña, en agosto de 1936.

“Para o BNG é de xustiza que o Concello de Viana do Bolo, concello onde residía e onde están enterrados os seus restos, lle renda unha homenaxe a esta muller que deu a súa vida pola liberdade, a igualdade e polos dereitos da clase traballadora. Unha muller que foi torturada e asasinada polas súas ideas e pola súa loita a prol dun mundo máis xusto, por defender a xustiza social”.

Artigos relacionados

Back to top button