Dende o BNG vén de solicitarse aos gobernos galego e estatal que “restitúan os medios aéreos de incendios” na provincia de Ourense. A formación nacionalista insisten na necesidade de que se “doten as bases cos medios necesarios”.
Neste senso a cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, cualificou o anuncio do conselleiro de Medio Rural de que nos próximos días a base de Vilanova (O Barco) contará con helicópero como “electoralista e autoexculpatorio” xa que “tiveron a base pechada varios veráns. É unha afirmación vaga e sen concreción”.
Para Noa Presas “é inaceptable que a día de hoxe con altas temperaturas e xa en alto risco de lumes non teñamos os medios aéreos suficientes. Faltan helicópteros nas bases de Vilanova, Vilamaior e Xurés onde as competencias as ten a Xunta de Galiza. Falta un helicóptero tamén que permita o transporte non só de auga senón de persoal na BRIF Laza que é responsabilidade do Estado”.
Desde a formación nacionalista insisten na necesidade de que “se doten estas bases de medios aéreos para poder axudar á extinción dos incendios”.