DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O C.D. Rúa presenta a todas as categorías do club, no campo do Aguillón

Depois do partido do equipo sénior sairán ao campo todos os xogadores e haberá magosto

Sénior, cadete, intantil, alevín e benxamín A e B. Son os equipos que o Club Deportivo Rúa ten en competición esta tempada e que serán presentados oficialmente na tarde de mañá, domingo 18 de novembro. Será depois do partido do equipo sénior que xogará a partirs das 16h. contra Amoeiro F.S. Mañá, tamén será un día de festa, coa celebración do magosto, en torno ás 18:30h. Por un prezo de 4 euros, haberá bullotes asados, chourizo, pan, auga e viño.

Iso será mañá, pero hoxe sábado, o campo rues do Aguillón acollía tres partidos dos máis pequenos contra o Ourense CF. Os primeiros en xogar eran os benxamíns B que vencían 3-0. Despois tocáballe o turno aos alevíns que goleaban aos ourensáns por 11-0. O último partido da tarde era o do equipo benxamín A que tamén vencía, no seu caso pola mínima, ao da E.D. Ourense.

As imaxes da galería corresponden aos partidos dos benxamíns B e dos alevíns.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button