En portadaÚltima hora

O calendario de sobremesa 2023 do Periódico O SIL xa está nos quioscos

Os subscritores recibirano gratis nas súas casas co número de xaneiro

 

Novamente no tempo de Nadal, e logo doutro ano dificil pola situación socioeconómica, o Periódico O Sil afronta o reto de poñer na rúa un ano máis o seu calendario de sobremesa. Edítase como un agradecemento á fidelidade e ao apoio dos nosos subscritores, que o recibirán gratis co número de xaneiro de 2023.

Os subscritores constitúen un dos piares que fan posible que, malia ás difíciles condicións dos últimos anos, e que se manteñen ata hoxe, esta cabeceira continúe viva e poñendo cada mes na rúa unha nova edición dos periódicos en papel O Sil e O Sil Deportivo, así como multitude de especiais; e o periódico dixital que se actualiza de forma continua (www.osil.info). O custo anual dunha subscrición é de 50 euros.

Aquelas persoas que non sexan subscritoras do Periódico O Sil xa teñen a posibilidade de adquirir este calendario do 2023 nos quioscos e librerías por un prezo de 4 euros.

Artigos relacionados

Back to top button