DeportesÚltima hora

O Campamento Galego Extraterritorial de Espeleoloxía será no Parque Natural do Alto Asón (Cantabria)

Esta actividade, organizada polo G.E.M Águilas Verdes e a Federación Galega de Espeleoloxía, celebrarase do 29 e abril ao 1 de maio

 

O Parque Nacional do Alto Asón (Cantabria) será escenario do XXIV Campamento Extraterritorial de Espeleoloxía, cuxa celebración está prevista do 29 de abril ao 1 de maio. Esta actividade será organizada polo G.E.M. Águilas Verdes de Rubiá, conxuntamente coa Federación Galega de Espeleoloxía, e nela contarase cunha vintena de participantes.

“A proposta que se fai este ano achéganos a algúns dos recunchos máis emblemáticos da espeleoloxía española: Cantabria. O punto de encontro será acomarca do Alto Asón, que é internacionalmente coñecida pola calidade das máis de 4.000 cavidades catalogadas, ubicando algúns dos sistemas subterráneos máis grandes da rexión”, adiantan dende a organización do campamento, que na lista de cavidades e travesías máis salientables inclúe as seguintes: Sistema de la Vega, Cuevamur, Sistema de los 4 valles, Cueto Coventosa, Tonio Cañuela, Macizón Palomas, Sopladoras Agua, Sistema Mortillano, Torca del Hombre, Ojáncano Anjana, Tibia Fresca, Tiva Risco Onite, Sistema río Munío, Red del silencio e Sistema del lobo.

O programa destas xornadas comenzará o sábado día 29 coa recepción dos participantes entre as 9h. e as 11h. no albergue do Restaurante Coventosa, seguindo coa coordinación dos grupos e organización das saídas de cada un deles. Así, a partir das 11h. e ata as 20h. desenvolverase actividade polas diferentes cavidades da zona. Despois, ás 21h. terá lugar a cea.

A xornada do domingo incluirá novamente saídas a diferentes cavidades entre as 9h. e as 20h. e concluirá ás 21:30h. cunha cea confraternización, seguida ás 23h. dunha charla coloquio. O programa do campamento completarase o día 1 de maio con máis saídas dos diferentes grupos (de 9h. a 14h.), un xantar ás 15h. e un resumo das actividades e coordinación dos participantes. Ás 15:30 h. procederase ao peche do campamento e á despedida dos participantes.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button