
Eduardo Ojea, número catro da candidatura do PSdG pola provincia de Ourense ás eleccións galegas, acudiu a votar no Teatro Lauro Olmo do Barco ás 11h desta xornada do 12 de xullo. O socialista, estivo acompañado polo alcalde, Alfredo García, e polo concelleiro Aurentino Alonso.
En declaracións posteriores, Ojea comentou que percibía unha “baixa participación” ata esas horas da mañá, pero que, dada a situación provocada pola pandemia do coronavirus, “entraba dentro do posible”. “Eu creo que haberá unha alta abstención o que pode modificar dagunha maneira os resultados”, sinalou o candidato. No tocante ás medidas e os protocolos sanitarios, o político quixo destacar a correcta organización nas mesas e o bo comportamento dos cidadáns.
Finalmente, o candido afirmou que tiña ilusión pero que a provincia de Ourense “é un sitio no que é moi difícil gañar”. “De aquí ata o final imos estar pelexando”.