Centos de carballineses e xentes vindas dende outros puntos da xeografía galega e española, congregáronse ás portas do Templo da Vera Cruz e polas rúas da vila para presenciar a procesión do Santo Enterro, tamén coñecida coloquialmente como “A Dos Caladiños”.
A partires das nove da noite, os pasos foron saíndo en orde e o complexo procesional marchou con paso solemne polas rúas do Carballiño. Tamén se sumaron diversas autoridades a este acto de celebración da Paixón de Cristo, como o alcalde da vila, Francisco Fumega, entre outras membros da Corporación. Tamén desfilaban na procesión a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e a Banda de gaitas de Tui.
Fotos: Carlos G. Hervella.