Nesta viaxe pola aldea no mediodía do Martes de Entroido estaba acompañado pola figura do Peliqueiro
Tras cobrar forma na tarde do Luns do Entroido a golpe de machada, o Meco convertíase en protagonista na xornada do 5 de marzo nas Teixugueiras (Cartelle). A partires do mediodía era paseado nun carro tradicional, reforzado con ferro para poder resistir toda a viaxe, e a cuxo cabezallo se lle ataba unha corda grosa para que os mozos se puideran agarralo e ir tirando del.
O traxecto ata o peto na praza das Teixugueiras, destino do Meco, resulta sempre accidentado xa que os mozos doutras aldeas tratan de tirar del para levalo para as súas casas. Neste percorrido o Meco está acompañado polos Peliqueiros, que, cun vimbio na man, tratan de persuadir aos que pretenden afastar ao Meco da sús ruta.
Fotos: Carlos G. Hervella.