ConcellosO BarcoÚltima hora

O CCA O Barco busca modelos para a súa nova campaña publicitaria

 

O sector comercio e hostaleiro do Barco fai un chamamento á veciñanza da comarca de Valdeorras que queira protagonizar a nova campaña publicitaria da asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco.

A campaña consistirá na realización de cinco fotografas en diferentes lugares da zona comercial e de lecer do Barco, que promocionen as nosas tendas e establecementos hostaleiros, e que posteriormente se situarán nos mupis ou paneis publicitarios do CCA O Barco; localizados na praza do Concello, praza José Otero, rúa Estación, rúa Castelao e Avenida de Portugal.

Os protagonistas da campaña publicitaria serán elixidos a través dun sorteo aleatorio entre todos os rexistrados. Os interesados en anotarse deberán enviar un correo electrónico a obarcocca@obarcoccaberto.com ou un WhatsApp ao teléfono 698 130 564, indicando o seu nome completo e idade. O prazo de inscrición será dunha semana, do 19 ao 23 de setembro.

“Esta nova campaña publicitaria quere facer partícipes aos clientes do CCA O Barco, buscando unha colaboración coa cidadanía, ao mesmo tempo que visibilizamos a asociación entre consumidores e empresarios”, explican dende esta entidade.

As bases da campaña pódense consultar na páxina web da asociación www.obarcoccaberto.com.

Artigos relacionados

Back to top button