EconomíaEconomíaÚltima hora

O CCA O Barco propón un obradoiro de redes sociais para empresarios e autónomos

Celebrarase os días 24, 25 e 26 de novembro e 2, 3 e 4 de decembro en horario de 20:30 a 22:30 horas

Páxina de Facebook do CCA O Barco.

 

Dar a coñecer, de manera eminentemente práctica, o potencial e os beneficios dun uso eficiente das redes sociais no entorno da actividade empresarial. É o obxectivo do Obradoiro de Redes Sociais, a nova aposta pola formación da Asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco, que se celebrará os días 24, 25 e 26 de novembro e 2, 3 e 4 de decembro en horario de 20:30 a 22:30 horas en modalidade online.

Trátase dunha actividade formativa gratuíta, dirixida a empresarios e autónomos, que será impartido por Beatriz Ventosinos, responsable de Deseño, Comunicación e Marketing Dixital de Iuni (consultora galega de marketing estratéxico empresarial).

O obradoiro levarase a cabo coa colaboración do Concello do Barco e os interesados en participar deberán poñerse en contacto coa asociación a través do correo electrónico obarcocca@obarcoccaberto.com ou no teléfono 988 321 150.

As prazas son limitadas e o prazo de inscripción finaliza este venres 20 de novembro ás 18 horas.

Artigos relacionados

Back to top button