CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco anuncia outras catro fichaxes para a tempada 2020/21

 

Continúa a configurarse o plantel do CD Barco de cara á vindeira tempada. Dende o club veñen de facerse públicos catro nomes, que se suman a outros catro xa confirmados en xullo. Un deles é do dianteiro Rodri Alonso, que xa vestía as cores do equipo barquense cando este ascendeu a terceira división.

Ficha tamén polo CD Barco Marc Vicente, “excornella a xove promesa catalá”, en palabras do presidente do club valdeorrés, Nilo Ramos. Asemade incórporase ao conxunto vermello Diego de Pedro, xogador formado na base do Real Madrid e con experiencia en equipos de segunda B como o Rayo Majadahonda ou o Alcobendas, entre outros. Finalmente o CD Barco confirma que se suma ao conxunto Iván Tato.

Imaxes cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button