DeportesFútbolÚltima hora

O CD Córgomo Vilamartín continúa invicto trala vitoria en Viloira ante o CD Bubal

Co 5-0 remataba o encontro disputado na tarde deste sábado 15 de outubro no Campiño

 

As obras de remodelación do Bañadoiro obrigaban ao CD Córgomo Vilamartín a disputar os partidos de casa no Campiño de Viloira (O Barco), pero iso non lle ten impedido reunir a numerosos seguidores nas bancadas e a pé de campo, nin manterse invicto na súa estrea na competición por sexta xornada consecutiva.

Así o facían na tarde deste sábado 15 de outubro, no partido disputado contra o CD Bubal ao vencer por 5 goles a 0. Nunha primeira parte ben defendida polos visitantes, habería que esperar ata o minuto 29 para que Alexandre abrise o marcador para o verdibrancos, chegando o segundo gol local dez minutos despois grazas ao tiro de Hugo Sánchez.

 

Once titular do CD Córgomo Vilamartín antes do partido.

 

Co 2-0 chegaba o descanso e tralo paso polo vestiario, no minuto 65 Borjas poñía o 3-0 ao transformar un penalti. No 78′ marcaba Donovan e Borjas sentenciaba o encontro co quinto gol dos valdeorreses no minuto 85. Goles que unha vez máis o público asistente celebraba por todo o alto.

Con este resultado colleitado nun dos partidos adiantados da xornada, os rapaces de Jesús Álvarez mantéñense como líderes do seu grupo en Segunda Galicia malia ter un partido menos, sumando a quinta vitoria noutros tantos partidos (a segunda xornada foi de descanso para eles).

 

 

O seguinte partido para o CD Córgomo Vilamartín será no campo do Parada do Sil CF.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button