CD TrivesDeportesFútbolÚltima hora

O CD Córgomo Vilamartín estréase na liga cunha vitoria ante o CD Trives

Co 1-2 remataba o primeiro partido oficial da tempada disputado no campo do Agro

 

Da mellor forma posible. Cunha vitoria no complicado campo trivés do Agro vén de estrearse o CD Córgomo Vilamartín na liga da Segunda Galicia.

Creado hai apenas uns meses era a o primeiro partido da historia para o conxunto valdeorrés que baixo ás ordes de Jesús Álvarez viaxaba ata Trives para enfrontarse aos rapaces de David Pérez cos que xa xogaran un amigable en plena pretempada. Nesa ocasión o encontro saldábase cun empate pero na tarde deste domingo 11 de setembro o marcador decantábase a favor dos verdi-brancos que suman os seus tres primeiros puntos.

Eran os visitantes os que se adiantaban co gol de Juan no minuto 21 chegando ao descanso co 0-1. Tralo paso polo vestiario, os de Córgomo aumentaban distancia co segundo gol, obra de Pablo no minuto 56 aínda que os triveses non estaban dispostos a ceder o partido e no minuto 66, Calino poñía o 1-2 no marcador. Seguiron loitando por volver marcar pero quedaban sen tempo e o encontro era finalmente para o novo equipo.

 

 

Segundo as declaracións do míster do CD Trives, foi unha parte para cada equipo. “Eles na primeira parte estiveron mellor e nós na segunda pero creo que foron xustos vencedores. O que nos queda por aprender é que na primeira parte o que fixemos todos os xogadores foi facer a guerra pola súa conta e queda claro que non están capacitados para iso. Xogando en equipo, como o fixeron na segunda parte estiveron moito mellor”.

A seguinte cita para o CD Trives será outro derbi, no campo do CD Viana. No caso do CD Córgomo Vilamartín tócalle descansar.

Fotos: Torfy/ CD Córgomo Vilamartín.

Artigos relacionados

Back to top button