DeportesFútbolÚltima hora

O CD Córgomo Vilamartín presentará aos equipos sénior e xuvenil na Festa de Santa Marta

Será o sábado 29 de xullo no primero pase da orquestra

Presentación do equipo do CD Córgomo Vilamartín o ano pasado./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Despois de loitar polo play off de ascenso no seu primeiro ano en competición, o CD Córgomo Vilamartín afronta a segunda tempada da súa historia con aínda máis ilusión, se cabe, con novo corpo técnico (David Pérez e Marcos Yáñez) e tamén un equipo de xuvenís.

A presentación de ambos planteis, tanto o sénior que contará coa maioría de xogadores do ano pasaso e algunha incorporación nova, coma o xuvenil, será o vindeiro sábado 29 de xullo, no primeiro pase da orquestra, no marco da festa de Santa Marta, patroa de Córgomo, igual que fixeran o ano pasado.

Con respecto aos socios, hoxe sae a campaña de simpatizantes  2023/2024 (básico: 20€ e premium: 50€) e nos vindeiros días sairán as novas camisetas do club (porteiro, local e visitante). Tal como adiantan dende a directiva, a camiseta que utilizarán como visitante terá tons dourados en homenaxe ao pobo de Córgomo “tamén chamado balcón de ouro”.

 

Artigos relacionados

Back to top button