CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

O CD Rúa supera ao Antela FC “B” e recupera o segundo posto na clasificación

Co 2-1 remataba o partido disputado na tarde deste domingo 22 de xaneiro no Vicente Solarat

Publicidade

 

Soleada xornada de fútbol no Aguillón, na Rúa. Na tarde deste domingo 22 de xaneiro o campo Vicente Solarat Maceda acollía un novo partido de liga de Segunda Galicia, no que se mediron dous equipos da cabeza da clasificación: o CD Rúa e o Antela FC “B”.

Era o equipo local o que se adiantaba no marcador cun gol de Bruno no minuto 20 e a partir de aí, a pesar de intentalo por ambas partes custaba aproximarase ás porterías, rematando a primeira parte co 1-0.

Tralo paso polo vestiario, os de Xinzo empataban o encontro cun gol no minuto 65, sendo Adrián o encargado de inclinar a balanza cara os do Rúa ao transformar un penalti no minuto 85.

 

Iris Acevedo con compañeiras do club, esta tarde no campo da Rúa.

 

Con este resultado os de Javier Ferrer recuperan o segundo posto da liga, con 36 puntos, a dous do líder o CD Viana, que vencía no seu desprazamento ata o campo do Agro co 1-3 ante o CD Trives. O cuarto equipo do oriente ourensán que xoga no grupo 3 da categoría, o CD Córgomo Vilamartín, tiña a xornada de descanso.

Aproveitando o sol da tarde, eran moitos os afeccionados que se achegaron ata o campo para ver xogar ao conxunto amarelo e azul, entre eles a xogadora do equipo infantil Iria Acevedo, recentemente operada trala lesión sufrida a semana pasada no partido de Verín.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button