CD TrivesDeportesFútbolÚltima hora

O CD Trives cae 3-0 no campo do SCD Paderne

 

Trala vitoria 1-2 ante o Palmés que lle daba o pase á seguinte rolda da Copa Deputación, o CD Trives tiña, na tarde do domingo 10 de decembro, unha nova cita coa liga desta volta no campo do SCD Paderne, que se resolvía co 3-0.

O partido, disputado no campo de herba artificial Vista Hermosa, comezaba ás 16:15 horas pero habería que esperar ata o minuto 40 para ver o primeiro gol local, marcando o segundo apenas catro minutos despois. Co 2-0 chegaba o descanso e tralo paso polo vestiario, o Paderne sentenciaba o encontro co terceiro gol no minuto 69.

Con este resultado os de Adilson continúan en postos de descenso á espera do seguinte partido, o vindeiro 17 de decembro en casa, contra o Piñeira Seca.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button