CD VianaConcellosDeportesFútbolÚltima horaViana do Bolo

O CD Viana despide a seu primeiro socio, Francisco Carballo

Francisco Carballo./ Foto cedida.

 

Nesta fin de semana o fútbol vianés está de loito. Neste sábado 17 de xuño falecía aos 87 anos Francisco Carballo Gutiérrez, o primeiro socio que tivo o CD Viana. Este club manifestaba publicamente o seu pesar por esta perda a través das redes sociais. “Este é un día triste para o CD Viana, finou o noo socio número 1, Francisco Carballo Gutiérrez, máis coñecido polos veciños e amigos como Quico Fontanero, dende este club queremos darlle o pésame a túa a súa familia”, dicían os responsables da entidade.

A capela ardente de Francisco Carballo, que estaba casado e tiña un fillo, está aberta no Velatorio La Soledad Sala 1 de Viana do Bolo. A súa familia, amigos e veciños daranlle o seu último adeus no funeral previsto o domingo 18 de xuño ás 17:30h. na igrexa parroquial de San Martiño (Viana do Bolo). Despois será enterrado no cemiterio parroquial desta localidade.

Artigos relacionados

Back to top button